Posts etiquetados ‘Irán’

Irán e Galicia

Mércores, 24 de Xuño, 2009

Os politólogos van ter que ir revisando as súas teorías, á vista dos últimos resultados electorais. A súa doutrina di que as forzas progresistas teñen máis posibilidades de gañar canto máis alta é a participación. En Galicia, o 1 de marzo tivemos unha abstención historicamente baixa e gañou a dereita. E en Irán, polo menos segundo o contestado escrutinio oficial, tamén pasou o mesmo, e pido perdón pola comparación (é moito máis apaixonante o que pasa no país dos aiatolás). Naquela república islámica non se enfrontaban conservadores e progresistas, senón conservadores e menos conservadores, aínda que Occidente xa alcumou a estes últimos como reformistas.