A androlla política

Besteiro e Barcia en Navia

O ano pasado houbera moitos políticos na Festa da Androlla de Navia. Era lóxico, porque faltaba pouco para as eleccións municipais. Pero este ano superáronse. E por riba de todos, os socialistas, que agora teñen máis terreo seu: de feito, algúns xa bromean con que A Montaña é o ‘cinto vermello’ da provincia, a imitación do histórico ‘cinturón rojo’ de Barcelona.

Alí houbo, nas ringleiras socialistas, dende un conselleiro, Ricardo Varela, que xa estivera o ano pasado, ata un presidente de Deputación, Gómez Besteiro, pasando por un senador saínte, Lago Lage, un par de deputados provinciais (Ricardo da Fonsagrada e Martínez de Becerreá, tamén repetidores), uns cantos alcaldes (os de, por suposto, Navia, e A Fonsagrada, Cervantes, Pedrafita do Cebreiro, Castroverde, Negueira de Muñiz e o devandito Martínez) e supoño que máis dun concelleiro ou ex alcalde (o de Cervantes).

Pero a cousa non remataba aí, porque estaba case toda a rama luguesa da Consellería de Traballo: o secretario xeral técnico, o xefe de gabinete —que empezou a súa carreira na comarca— e, por suposto, o delegado provincial. De delegados andaba a cousa bastante surtida: os de Sanidade, Presidencia, Política Territorial e Medio Ambiente (un home que nunca pasa inadvertido… nin estando a carón de Pau Gasol, por exemplo)…

Iso, pola banda socialista, porque pola nacionalista a cousa tamén estaba ben surtida: estaban os delegados de Medio Rural e Industria, dous incondicionais desta festa. Desta volta engadíuselles o vicepresidente primeiro da Deputación, Xosé Antón Bao, e, por suposto, non faltou o coordinador electoral da comarca de Lugo, Xesús Méndez, que por algo todos os que o coñecen chámano Suso de Navia.

Os bloqueiros eran, quizais, os minoritarios, porque tamén o PP fixo un bo despregue: o presidente provincial, Xosé Manuel Barreiro, e o secretario, Xosé Manuel Balseiro, e un par de deputados autonómicos, Xaime Castiñeira e Agustín Baamonde; dous dos poucos alcaldes que lle quedan pola zona, os de Baleira e Baralla, e o voceiro na Deputación, González Barcia (un neófito). Non faltaron moitos concelleiros do partido na zona.

Non se me cabreen os non citados: é imposible recordalos a todos!

E o mellor de todo é que andaban como por bandadas: uns por un lado e outros, por outro. Como na praza de Navia é imposible non cruzarse (moito me gusta ese espazo) porque é moi cativa, algunha vez fixérono, pero con moita deportividade e uns cantos sorrisos, como se ve nesta foto. Hai que pedir a denominación de orixe para a androlla, que une aos contrarios, ou declarala Festa de Interese Político Turístico.

Tags: ,

33 Comentarios a “A androlla política”

  1. Un de preto de Navia

    Por certo, que o Xefe de gabinete de Ricardo Varela puido aproveitar para explicar para onde mirou el cando o alcalde das Nogais (Coedo,que non estaba na récoba) andaba con aquela subvención do Leader para amañar a súa casa. E que era o xerente da asociación daquela. Supoño que xa o oirías Vaqueiro, pero as malas linguas din que esa é undas razón polas que o PSOE non “tumba” a Coedo. Ten medo a que conte máis do debido e lle toque ao gabinete de Ricardo. Ti pregunta.

  2. Contasclaras

    Home, agora, de rebote, aparece Serafín. Cantos anos sen saber del…Vexo que medra na política coma bon servidor.Aquel que fai os traballos sen preguntar soe medrar.¡Noraboa!Só agardo que nalgún mañá publique as súas memorias -aínda que sexa a través dun “negro”- para coñecer cómo xestionou o Plan Leader da Montaña, e qué criterios utilizaban el e os seus amigos da Dirección para subvencionar uns proxectos e negar outros.Fortuna tiveron aqueles reponsables do desaguisado pois nunca os xulgados quixeron meter os fociños naquelas contas. Semella que, agora, son os propios concellos da montaña quenes reclaman ao Presidente do Leader(o alcalde de As Nogais)explicacións pola xestión levadae pola fraudulenta utilización dos fondos económicos. O xerente daquel Plan Leader foi máis afortunado. Marchou de As Nogais e,agora, ocupa un cargo de libre designación na Consellería de Traballo.Hai que nace con estrela…E,¿Qué hai que facer para nacer así?

Comenta

*