O paraugas azul que foi azul e se volveu azul

Volvendo sobre os paraugas, o da vida propia, “allea aos humanos”, sobre a que escribía este martes, está baseado na historia nun paraugas da muralla de Lugo (daqueles azuis da campaña ‘Muralla ya’, para conseguir a declaración como Patrimonio da Humanidade) que un día levei a unha cea e que, ao ir recollelo, non estaba. No seu lugar había un, tamén azul, de Caixa Galicia, que foi o que me levei. Varias mañás despois, saín co de Caixa Galicia á rúa, entrei nun comercio, creo que da Praza de Santo Domingo, deixeino no paraugueiro, e cando volvín por el, xa non estaba. No seu lugar había un azul… da muralla de Lugo.

Tags:

Comenta

*