Racionalizar a Georgie Dann
EN DÍAS como o de onte ou o 30 de setembro, nas redaccións galegas é habitual ver a xornalistas ‘bañándose’ en números, intentando desentrañar os orzamentos da Xunta (onte) ou do Estado (o último día de setembro). Ao inextricable das contas públicas, hai que sumar a posibilidade de que se nos despisten as que se ocultan en entes autónomos, sociedades públicas, fundacións… o que se chama, en resumo, administración paralela. A Crise foi un elemento moi bo neste sentido, e é que obrigou a todo tipo de gobernos a unha apurada poda desta árbore chea de chiringuitos’.. ‘
Tags: administración, Septenario lugués