Cacharro Jr.

Iso de que o fillo maior de Francisco Cacharro acudira á presentación en Lugo da UPyD espertou tódalas alarmas. Por Ourense, onde Francisco Cacharro Gosende é, co seu coco privilexiado (sabedoría que lle recoñecen mesmo os inimigos), secretario da Deputación Provincial, correu este venres intensamente o rumor de que ía ser o cabeza de lista do partido de Rosa Díez nesa provincia.

El desmentiuno, pero a súa presenza no acto de Lugo (na foto é o que está a carón da muller rubia que tapa a boca para falar por teléfono) é case un indicio de que lle tenta o mundo da política. Verémolo axiña nalgunha lista?

Tags: , ,

6 Comentarios a “Cacharro Jr.”

  1. eraboasicolara

    Mal empeza a UpD se coma Terra Gallega e antes outros, basean o seu ideario na revancha e a carraxe. Ninguén lle discute, como ben dis, a sabedoría, claro que no seu. O feito de que o pai fose, en termos xerais, un bó político non lle garante a el o mesmo. Mágoa que non sea posible herdalo.

  2. Toñi

    A muller rubia é a súa dona

  3. Vaqueiro

    Tiña toda a pinta de ser a muller, si.

  4. BASTIAN GOMEZ TRABADELO

    Cacharro Gosende leva acreditado na súa traxectoria personal y profesional que é unha persoa completamente independente de seu pai.
    Eu aplaudo que esté en un acto e o que vexa que tódolos fillos dos políticos non poidan asistir a ningún acto político son unhos miserables ademáis de pouco demócratas.

  5. PAKISTEIN

    Pues me alegro,F.Cacharro Gosende es un FUERA DE SERIE.
    Le deseo mucha suerte.
    Los comentarios-complejos- sobre genética, predestinación y heráldica se los dejo a esa gente tan liberal y demócrata que se cree de izquierdas porque no fue a colegio de monjas. BASTA DE NAZISMO BRAVÚ.
    No todos los Cacharros son Pardos,.Alguno se va a tragar el veneno…

  6. carqueixa

    Se tan privilexiado é a autoestima non a debe ter moi alta cando está onde está: de Secretario da Deputación de Ourense, un sitio onde precisamente só están as persoas privilexiadas.

Comenta

*