Felicitacións e estrelas

Xa chegou a felicitación de Nadal da Deputación… Ben, realmente son AS felicitacións de Nadal, porque aquí recibimos cando menos tres. Outros anos chegaba máis cedo: se non me falla a memoria, creo que era das primeiras. Outros anos, o motivo decorativo era ben peculiar: algunha imaxe de cousas da Deputación: o paseo do Rato, Terras do Miño… Este ano, o novo equipo optou por postais das que se venden nos comercios, e cada un fixo a súa: unha pequena mensaxe e un saúdo, no caso da área socialista (o presidente, Xosé Ramón Gómez Besteiro, e a vicepresidenta segunda, Lara Méndez), e unha mensaxe e un poema no caso nacionalista (o vicepresidente primeiro, Xosé Antón Bao). Algún quixo ver mensaxes subliminais na última, porque ten unha estrela de cinco puntas, pero tamén aparece na de Lara Méndez. Iso si: todos coinciden en usar as de Unicef. Eu, este ano, paseime ás de Intermon, que veñen en paquetes máis acaídos (de cinco en cinco) e, ademais, así respondo en parte a esa carta que me envían tódolos anos por estas datas para que me faga socio e que me deixa moi mala conciencia.

Comenta

*