Si ao parque natural?
Pasada a guerra electoral, chega o momento de descubrir algunhas curiosidades. Por exemplo, ver quen gañou en Cervantes e Navia de Suarna. No primeiro fíxoo con moitísima claridade o PSOE, como é habitual; no segundo volveu a gañar o PP, aínda que só por tres votos. Supón un respaldo para os dous alcaldes, socialistas ámbolos dous: Benigno Gómez e Xosé Fernández, respectivamente. O curioso é que nestes concellos había moita polémica pola posible declaración dos Ancares como parque natural, e vai e gañan os que o defenden, os socialistas. Significa iso un respaldo dos votantes á proposta?
Por certo, non se sabe que vai ser do proxecto. O equipo saínte de Medio Ambiente asegurou que o PP de Fraga deixara sobre a mesa un texto para facer a declaración de parque natural vía decreto, co cal, se cadra, igual resulta que o partido que o rexeitou nestes catro anos vai ser o que acabe por crealo. Son os paradoxos da vida política.
Tags: Os Ancares, Xunta 09
24 de Marzo , 2009 - 18:58 pm
O de Navia, perdeu, despois de gañar por maioria absoluta nas municipais de fai dous anos , de seguir facendolle caso o de Becerreá mal o vexo. Por certo que este ultimo non é que perdera as eleccións senon que gañada a alcaldia fai dous anos con maioria, perde case 500 votos. Respaldo para o alcalde,de Navia , moito me temo que non. O que si recibiu respaldo foi en Cervantes e que o ven tendo dende fai moitas eleccions, municipais, xerais, europeas, autonomicas: será que o de Becerreá non lle fai nin caso. Que siga asi que millor irá.