Como cambian os tempos (I)

Hai que ver como cambian os tempos. Moitos insisten en que Xesús Vázquez, presidente da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, era un dos máis conspicuos representantes do PP e que algúns dos seus directivos son destacados militantes do partido. Sen embargo, velaquí o teñen, a carón do novo presidente da Deputación, o socialista Xosé Ramón Gómez Besteiro, participando no reparto de plantas co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente.

Reparto de plantas no Rato (Foto: XESÚS PONTE)

Non vou ser malo, porque a cousa ten explicación: as plantas repartidas están relacionadas cos hortos veciñais que a federación administra, por conta da Deputación, no paseo do Rato. E, ademais, moi parvos serían Vázquez e os seus se non se arrimaran ao sol que máis quenta. Non si? Agora mesmo, como din por aí, fóra do PSOE ou do BNG vai moito frío.

Non se perdan tampouco o detalle do cativo no colo do presidente: non hai político que se prece que non teña unha foto cun cativo! Era, realmente, o respaldo popular que lle faltaba ao novo presidente e disque futuro home forte do PSOE… non sei se lugués ou galego ou nacional. 

 

Tags: ,

26 Comentarios a “Como cambian os tempos (I)”

  1. SEito

    D´aquela amigo Ladairo , ten toda las condicios que o cargo require , senon que yo pregunten o Lider do seu partido .

Comenta

*