Blogs nacionalistas

Volvendo ao tema dos dous últimos posts: calquera diría que Xosé Anxo Lage me le (véxase o cuarto parágrafo da información de hoxe. Por certo, vexo que o voceiro do BNG en Lugo recupera a súa presenza na esfera blogueira. Lage deixárao despois das eleccións locais do 2007, mentres que a súa compañeira de grupo Paz Abraira mantivo o contacto e agora ten a dirección de antes e unha nova, dentro da rede de blogs nacionalistas. O que se mantivo activo dende o 2007 foi Xosé Manuel Becerra, voceiro do Bloque no Corgo, quen este mércores daba as notas dos exames para unha praza de alguacil-porteiro. Non sei a que esperan os bloqueiros da Deputación para sumarse ao blogmillo.

Tags: , , ,

28 Comentarios a “Blogs nacionalistas”

  1. anxo

    A internet será a salvación do galego, e aí estamos os nacionalistas poñenda á nosa lingua no seu lugar, na medio mais importante do seculo XXI

  2. Vaqueiro

    Ai, meu Deus, estaba pensando en Quique Casanova, do Corgo, que tamén tiña blog, hoxe pechado. Perdoa, Xosé Manuel.

Comenta

*