Enleados na Fonsagrada

Debe de haber certos desaxustes na consellería bicéfala na que mandan Beatriz Mato e Susana López Abella, a de Traballo e Benestar. Desaxustes ou despistes, que tamén pode ser. Evidenciouse na visita que a segunda, secretaria xeral de Benestar, efectuou á Fonsagrada este venres, para anunciar que a Xunta vaise facer cargo da inacabada residencia de anciáns promovida pola Fundación Rois de la Peña, situada “na Rúa Carrapitas”. Había un problema na frase: o edificio non está nesa rúa. En Carrapitas si que está o solar no que o anterior departamento de Benestar, en mans do BNG, propuxo facer unha residencia nova.

É dicir, no equipo de López Abella alguén mesturou o proxecto bloqueiro e o da fundación, que teñen características distintas (en número de prazas, por exemplo) e están en lugares diferentes da vila. Así que agora non queda moi claro se a Xunta vai rematar o edificio que está á entrada da Fonsagrada ou se vai construír un novo, aínda que seica van optar polo primeiro.

Tags: ,

Comenta

*