Polo Caurel e non polo MIR

Hai unha semanas, procurando un dato, acabei na web do Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio de Interior (MIR en internet). E daquela non andaba apuntado Alianza polo Caurel (“Caurel con a, eh, con a!”, exclama o ex socialista Manuel Bouza nunha entrevista), o partido que formaron os concelleiros do PP para arrebatarlle a alcaldía ao socialista López Fontal en colaboración con Bouza. Así que volvín o pasado venres, e o partido da nova alcaldesa segue sen estar inscrito. Pero o último dato que aparece na web é de setembro; a única Alianza que atopo é un partido balear, Aliança per Muro, e o derradeiro en se apuntar é un grupo de Tarragona: Units Tots per Salou. Así que non sei que é o que non está actualizado, se o partido courelés ou a web do rexistro. No que vai de ano, por certo, só figuran seis novos partidos galegos, tres da provincia da Coruña e outros tantos de Pontevedra.

Tags: ,

Un comentario a “Polo Caurel e non polo MIR”

  1. QuBa

    ¿que hai de certo nas informacion de hoxe sobor de Jorge Dorribo que publica La Voz de Galicia?

    ¿ Unha nova pelexa empresarial?

    O sr Mosteirn o “apadriña”, os do ladillo cabreanse, a fanlle a “vida non grata” e o Sr Dorribo decide marchar para a casa.

    Foise co vento

Comenta

*