Existe Alianza polo Caurel?

Vou ser reiterativo. Picado pola curiosidade, volvín facer este venres unha visita ao rexistro de partidos políticos do Ministerio de Interior. Desta volta, xa está actualizado a 23 de novembro. E segue sen estar rexistrado ese suposto partido autonomeado Alianza polo Caurel (“con a, non con o”) que desbancou da alcaldía ao PSOE hai agora un mes. Seguirei investigando, pero as posibilidades agora xa son menos: ou Interior non admitiu o rexistro, por defectos nos estatutos ou nalgún trámite; ou nos enganaron e isto non é un partido, senón unha agrupación de electores (que creo que non é necesario rexistrar), ou nos enganaron e non hai nin partido nin agrupación, só un grupo de ex militantes do PP e do PSOE. Por certo, ao ex socialista, Manuel Bouza, vino hai uns días moi atarefado, facendo a compra no Carrefour de Lugo.

Tags: ,

Comenta

*