Moita independencia

Onde tamén hai malestar interno (hai algún partido no que non?) dende as eleccións é en certas áreas do BNG, onde hai quen está convencido de que non todos os seus dirixentes provinciais traballaron por igual na campaña electoral. As queixas van sobre todo cara Monforte, que, se cadra, vai demasiado por libre para o que é a ortodoxia oficial no Bloque lugués. Influirá quizais que no centro e no norte manda a UPG e en Monforte, Inzar?

O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, xa se decantou publicamente pola candidatura de Carlos Aymerich para levar o liderado do BNG. Mentres, Fernando Blanco estaba este mércores, como era de prever, na presentación da alternativa de Guillerme Vázquez.

E, por certo, resulta interesante a volta ao primeiro plano político dun concelleiro que en tempos fora moi querido en Lugo e que vivía un retiro tranquilo e dourado na Escola Politécnica Superior de Lugo.

Tags:

Comenta

*