Cabreo socialista

Sei que algún alcalde do PSOE da provincia de Lugo está a punto de agarrar a escopeta (é unha metáfora) para ir pedir explicacións en Santiago, porque algúns rexedores si que se bateron o cobre na campaña electoral e cumpriron a súa parte, pero os seus xefes fixérono rematadamente mal. Eses alcaldes vense agora nun bo apuro, porque, para o seu gusto, a Deputación está a ser demasiado equidistante e, dende logo, a nova Xunta vai varrer para a casa, como corresponde. Así que nas vindeiras semanas veremos a máis dun alcalde pedindo cabezas, e non lles vai valer só a de Pérez Touriño.

A versión do PSOE oficial é que a meirande parte da culpa é do labor do BNG, e se os socialistas de Ourense conseguen o escano que está en disputa na emigración, esta versión verase corroborada. Pero este mércores algún persoeiro socialista de Lugo recoñeceu, nunha xuntanza do grupo, que esa é unha explicación demasiado simplista. Segundo este persoeiro, os conselleiros socialistas non publicitaron ben o seu labor, houbo erros de vulto e algún alcalde traballou de menos. Ou sexa, que as culpas están máis repartidas do que parece. E xerou moita alarma o sucedido en Lugo cidade.

Tags:

3 Comentarios a “Cabreo socialista”

  1. SEito

    ¿Algun acorda a compra do coche de presidencia pra sustituir o que no seu dia comprara Cacharro?¿tanto asesor que terán non pensou en plan humilde como debería corresponder a un cristian que comulga e todo? .
    Así as poñian a Fernado VII, pero vese que a solucion diputacional non estaba pisando chan de tanto mareo que levan estratexias coma a de Km 0, que agora consumouse o pasado día un, e se non se espilen axiña, pra cambiar rumbos de estratexias inútiles e costosas, volverá a poñerse en outros reloxos mais pretos .

  2. annibal

    Referindome os Alcaldes da montaña que tiñán que pedir explicacións, sin lugar a dubidas son os de Pedrafita, Cervantes, Negueira de Muñiz , Fonsagrada. Os demais que pechen a boca e que baixen dunha vez a pisar terra . Non estiveron a altura das circunstancias, e nos seus feudos perderon sin excusa. Tanta ou mais crisis tiñan os mencionados anteriormente que os que perderon e n¡n siquera se inmutan . Agora mesmo seguro que están perdendo o cú para arrimarse de novo a cabalo vencedor. Touriño xa non lles vale, dimitio, eles non , esperan acontecementos .

Comenta

*