Milucho

Consellería do Medio RuralMédranlle os problemas a Emilio López Pérez, Milucho, o ex sindicalista que agora é delegado provincial da Consellería do Medio Rural en Lugo. Se hai uns días cargou contra Unións Agrarias, despois da manifestación do Ceao en contra de Leite Río, hoxe tocoulle recibir fogo amigo, xa que as críticas viñeron dende o sindicato agrario nacionalista, o SLG.

Xurxo Álvarez, o derrotado nas eleccións para a executiva labrega de decembro pasado (home que entrou no sindicato en Lugo cando Milucho era quen máis ordenaba), montou este luns unha rolda de prensa en Santiago para acusar á actual directiva de “usurpación de funcións”. E a executiva do SLG respondeu a esta rolda de prensa, na que estaban outras seis persoas, sen cortarse:

“Este grupo de persoas unicamente responde ás consignas recibidas dende a Consellaría do Medio Rural. Temos constancia de que esta estratexia se define conxuntamente co xefe de gabinete da consellaría [Xosé Manuel Puga] e co delegado provincial da consellaría en Lugo”.

Por certo, na web do SLG, no capítulo de ligazóns, non aparece a consellería, a máxima autoridade agraria de Galicia, aínda que tamén é verdade que o capítulo de links é curto.

Así que entre o leite, os casos de lingua azul, as críticas de varios alcaldes do PP, as liortas na constitución dos GDRs (grupos de desenvolvemento rural) dos Leader e, agora, as queixas sindicais, este Milucho non vai dar feito.

Tags: ,

6 Comentarios a “Milucho

  1. Petra

    Descoñezo se hai enfrontamento entre a Consellería de Medio Rural e os dirixentes actuais do SLG, pero hai datos certos, coñecidos e constatables: 1º.- Xurxo Alvarez e máis a súa lista alternativa acadou o 30% dos votos no pasado Congreso do Sindicato.
    2º.- Iste 30% non está representado na Executiva do SLG. A totalidade de dita Executiva (10 persoas) está formada por membros da liña maioritaria e vencedora no Congreso. A proposta de Xurxo Alvarez de constituír unha Executiva de 14 membros (10 pertencentes á lista da Secretaria Xeral Carme Freire e 4 pertencentes á lista de Xurxo Alvarez) non foi tida en conta, co argumento de que “nos Congresos hai quen gaña e hai quen perde”.
    3º.- Tra-lo Congreso hai expedientes contra persoal laboral do propio Sindicato Labrego. Varios traballador@s son despedidos o non ven renovados os seus cotratos. Semella que todos son afíns á corrente perdedora do Congreso. Ditos traballadores están a pasar polos xulgados na defensa dos seus dereitos laborais. Isto,para uns é caza de bruxas; para outros, só axeitar o Sindicato ás súas necesidades e liberar lastre incompetente.(O Responsable de Relacións Laborais na Executiva do Sindicato Labrego saberá máis desto que está a pasar. El leva esta área)
    4º.- As peticións de explicacións sobre estes despidos ou traslados de traballadores que solicitou Xurxo Alvarez na Dirección Nacional do SLG quedaron sen resposta. A liña maioritaria da Secretaria Xeral aducíu que as sinaturas presentadas non eran dabondo e ,ao non contar co quórum necesario, non tiñan por qué ser respostadas.
    5º.- A non entrada do Sindicato Labrego Galego na COAG ( proposta que contaba co apoio da Secretaria saínte Lidia Senra e da entrante Carme Freire, e o rexeite de Xurxo Alvarez ), quizáis axude a entender o que está a vivir o SLG nestes meses post-congresuais.
    O agro galego está a vivir un tempo de atrancos. Poñamos diálogo nestes intres de dificultade e non paos no camiño.
    Unha aperta para aqueles que o intenten.

  2. Un afiliado

    O SLG do que se ten que ocupar e de ter unha estratexia sindical e non de facer o papel dos sindicatos agrarios do Estado. Onde vai a liña sindical que conseguiu que se eliminase a cota empresarial? E certo é que a concentración de Unións Agrarias diante de Leite Río é unha extratexia do PSOE. Hai que lembrar que Lence está fóda da patronal estatal do leite (FENIL) e que era o único que estaba dsiposto a asumir o contrato homologado, por iso non lles gustaba aos sindicatos estatais. Se cadra non debeu ser Milucho quen os puxera no seu sitio, pero alguén o tiña que facer. Por que non o fixo o SLG?
    Non vou falar eu da caza de bruxas que xa se explicou ben. Pero si digo que esa persecución tamén afecta aos afiliados que apostaron pola candidatura alternativa. Se este é o meu SLG, eu na próxima báixome.

  3. e-liberal

    Es incomprensible el comportamiento del BNG. Cuando no se están pegando con los socialistas, socios imposibles de Gobierno, se pegan entre ellos. Y es que, a algunos, les ha sentado fatal la moqueta, como por ejemplo al Sr Milucho.

    Los de ADEGA enfrentados a la Consellería de Cultura. Los del SLG a Medio Rural… ¿Qué está ocurriendo en el seno del nacionalismo gallego? Muy sencillo: Hay algunos que aunque sean “los suyos” no están dispuestos a aceptar la nefasta gestión del Gobierno de la Xunta, menos en un sector estratégico como siempre ha sido nuestro rural.

  4. e-liberal

    Curioso observar el enfrentamiento en el que está sumido el SLG. Esta claro que, lo quieran o no disimular, existe una clara ruptura interna. El campo gallego sufre ante la falta de iniciativas y gestión de la Consellería de Medio Rural. El BNG demuestra que es fácil ver los toros desde la barrera pero cuando toca gobernar no es capaz de impulsar iniciativas que de verdad dignifiquen el trabajo de toda esta gente.

  5. afiliada

    Existe algunha obriga de renovar contratos?
    Polo que teño entendido cando remata o contrato a empresa pode decidir renovarche o contrato ou non? Pero supoño que ao SLG se lle aplica outra norma?

Comenta

*