Os flipes da Fonsagrada
Na Fonsagrada están flipando con dúas cousas. Unha, a interventora, que chegou hai uns meses ao concello e neste escaso tempo foi quen de confeccionar os primeiros orzamentos municipais en catro anos (aprobados o 24 de outubro) e de sacar adiante a conta xeral do 2007 (aprobada este xoves). Non só é boa cos números, senón que exerce a secretaría sen problemas. A muller é unha máquina. A segunda cousa coa que andan abraiados é co que se está descubrindo da situación económica do Concello. É para abrir a boca, pasmando, e non pechala en meses. Por exemplo, disque hai fixadas asignacións por asistencia a plenos e comisións. Algún concelleiro (e xa van dezasete meses de mandato) aínda non cobrou unha soa.
(No dos orzamentos e a conta xeral tamén houbo moita habilidade do alcalde, o socialista Argelio Fernández Queipo, que puido sacalos adiante aínda estando en minoría nos dous plenos.)
Tags: A Fonsagrada