Deixalo todo para o final
É TODA unha tradición iso de deixar as cousas para o final e logo facelas a bulir. En España temos gran experiencia tanto niso como na, ás veces imprescindible, improvisación posterior: creo recordar que incluso nalgunha ocasión felicitaron ao Goberno español pola celeridade coa que fora capaz de montar en cuestión de semanas todo un encontro de paz entre palestinos e israelís. Pero ás veces as présas son malas conselleiras, como di o refraneiro (que ten saídas para todo), e iso en política permítenos ver cousas incribles. Estes días atopámonos unhas cantas en Lugo.