Papeis que carga o diaño
O LUNS pasado pechouse o prazo para que os españois cumprísemos coas nosas obrigacións fiscais. No meu caso foi o 19, e unha semana despois xa tiña o diñeiro na miña conta. A partir diso, podería escribir sobre a lendaria eficiencia dos mozos de Facenda, pero os seus xefes están a facer ultimamente o imposible para que non nos fiemos do fisco: xente que evade impostos ou que leva diñeiro a Suíza, ministros que ameazan con divulgar (por interese político, o que é peor) datos que ti envías ao seu departamento confiando na obrigada confidencialidade, ministerios que informan de présa e mal a un xuíz… Si, non están os tempos para confiar en Facenda.
Tags: corrupción, Septenario lugués