Posts etiquetados ‘Xosé Ramón Gómez Besteiro’

Electuras – A colleita do 99

Domingo, 14 de Xuño, 2015

As eleccións municipais de 1999 depararon en Galicia uns resultados moi transcendentes, no sentido de que transcenderon o seu tempo. Naqueles tempos do fraguismo (aínda faltaban seis anos para o bipartito) e do aznarismo (aínda faltaban catro para o zapaterismo), cidades aparentemente tan rancias (por conservadoras) como Lugo ou Pontevedra tiñan gobernos de esquerda. O BNG facíase co poder en Vigo, o PSOE mantiña Santiago e, por suposto, A Coruña, e recuperaba Ferrol, de tal xeito que Ourense (Manuel Cabezas) era a única gran cidade galega nas mans do PP. Dende este sábado, o pontevedrés Miguel Anxo Fernández Lores queda como único representante daquela fornada de alcaldes das grandes cidades. O outro que quedaba, o lugués José López Orozco, renunciou esta semana. Aquelas corporacións, moi marcadas por a cultura dos pactos, foron moi produtivas e, xa digo, transcenderon no tempo. Delas saíron xente como, entre outros, un conselleiro de Industria (o lugués Fernando Blanco) ou, indirectamente, a primeira alcaldesa de Lugo, ou un secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro. Este aspira a ser o próximo presidente da Xunta… se non llo impide a colleita deste 2015.

O ‘book’ do presidente

Sábado, 1 de Agosto, 2009

Temos no xornal unha bonita colección de fotos do presidente da Deputación, Xosé Ramón Gómez Besteiro. Así que, como me vou de vacacións, aquí vos deixo este pequeno book.

Aquí, deixando que os nenos se acheguen a el:

Besteiro, no río Rato

Explorando as Covas do Rei Cintolo:

Gómez Besteiro, en Rei Cintolo

Probando o tiro con arco en KM0Xtreme:

Gómez Besteiro, probando un arco

Máis probas; desta volta, cun charrasco en Penas de Rodas:

Primeiros pinitos co charrasco

Pisando lama en San Alberte (Guitiriz), moi ben preparado para a ocasión:

Pisando terra

Fachendoso diante dos seus (entre comiñas) coches de bombeiros:

Gómez Besteiro, cos coches de bombeiros

E compartindo cereixas de Ribas do Sil cuns pequenos:

Gómez Besteiro e as cereixas

Dá ben nas fotos o presidente da Deputación, non si?

Confío en quen as gocedes. Pecho o chiringuito ata setembro. Feliz agosto.