Posts etiquetados ‘tráfico’

Mito voador

Martes, 20 de Maio, 2014


DE PEQUENO, pensaba que o helicóptero era unha especie de irmán pobre do avión. Non había cor na comparación entre uns aparatos que, mesmo os reais, parecían de xoguete e as outras naves grandes, que cruzaban o océano cheas de xente ou que (na belicosidade case inherente a certas tenras idades) podían decidir unha guerra dende un elemento, o aire, que a un neno se lle antollaba inmenso, inabarcable. Despois, descobres, vía informativos e, sobre todo, ‘Apocalypse now’, que eses aparellos serven para moitas outras cousas: mesmo para a guerra. Dende hai uns anos, tamén penso que hai sitios onde debe de ser unha nave barata, como en Alemaña. Abonda con ver algunha canle xeralista de televisión para decatarse da cantidade de series dese país que usan e abusan dos helicópteros e mesmo estrelan algún, como se non custasen ren: ‘O pallaso’ (en tempos, na Galega) ou as actuais ‘Medicopter’ (na mesma canle) ou ‘Alerta cobra’ (Cuatro), unha serie de boa factura técnica, protagonizada por (para tomar nota) un actor de orixe turca e centrada nas andanzas dunha indisciplinada brigada de estradas. Vén sendo algo semellante á nosa Garda Civil de Tráfico (sen o compoñente militar que fai único a este instituto armado)… que tamén usa helicóptero. E se Coppola utilizaba (na música) as valquirias, Interior emprega (no nome) un cabalo voador. Ou sexa, que o ceo segue a ser territorio de seres míticos.

(Na montaxe de fotos, valquirias e pegasos)

Mito voador

Alcalde corredor

Xoves, 20 de Novembro, 2008

Hoxe toca outra adiviña. 

Hai un alcalde da provincia de Lugo que nos últimos meses foi multado tres veces pola Garda Civil no mesmo punto da mesma estrada e polo mesmo motivo: exceso de velocidade.

Quen será?