A integración da CIG
Sábado, 3 de Outubro, 2009O 12 de decembro é a data elixida pola CIG para celebrar o seu congreso comarcal de Lugo e, paralelamente, o congreso da integración da Mariña. A partir de aí, o sindicato nacionalista só terá unha dirección, de carácter provincial, e non tres comarcais (Lemos integrouse hai tempo en Lugo). Seica ese día Lugo e A Mariña terán dous congresos cada un: pola mañá, o comarcal, no que se acordará, de xeito formal, a unificación, e pola tarde celebrarase o primeiro provincial.
Cóntanme que a integración vai por bo camiño e que non hai, no seno da CIG, nin tensións nin contestacións, agás algún elemento illado.
Deste xeito, a central nacionalista pasa a ser o primeiro sindicato (dos maioritarios) que en Lugo ten estrutura provincial, coa cabeza en Lugo. UGT e CC.OO. manteñen as comarcas, aínda que a máis poderosa nos dous casos tamén é a da capital. É lóxico: o centro da provincia suma máis traballadores que o resto das comarcas.