Posts etiquetados ‘Septenario lugués’

A difícil retirada dos ex

Martes, 11 de Febreiro, 2014

É DIFÍCIL terminar a semana sen que salga a sílaba ‘ex’ nalgún titular ou texto deste xornal. Se non é a sección de sucesos ou tribunais (como sustantivo, normalmente), pode ser na información política (neste caso, como prefixo). En ocasións, os dous ex son igual de incordiantes: tanto a anterior parella que perturba a unha persoa como o gobernante destituído (sexa pola vía do dedo ou das urnas) que dá a súa opinión veña ou non a conto. O das exparejas debería de quedar no plano privado; cando entra no público, adoita acabar, por desgraza, nas páxinas de sucesos. E ao ámbito privado é tamén onde deberían de irse os exgobernantes, pero moitos deles empéñanse en seguir dando o coñazo.

SEGUE AQUÍ

Nove anos que xa son 25

Martes, 4 de Febreiro, 2014


CANDO SE cumprían dous anos do afundimento do Prestige, o 7 de novembro de 2004, na páxina 4 deste diario escribín un ladillo que dicía, literalmente: «Non se acabará no 2008». Referíame á A-8. Non facía falta moita clarividencia para predicir tal cousa, porque xa entón os prazos que se daban eran claramente irrealizables. A información incluía un cadro no que se recollía que os dous tramos máis complicados, os que salvaban a transición da meseta de Lugo á costa, nin tiñan encargada a redacción do proxecto de construción. Este luns, máis de nove anos despois desa información e seis despois dos prazos fixados entón, eses dous tramos serán inaugurados e por fin poderemos circular por toda a parte de Lugo desa autovía do Cantábrico.

SEGUE AQUÍ

O tempo entre luces

Martes, 28 de Xaneiro, 2014

ESTES TEMPOS que vivimos pódense interpretar a partir dunha lámpada (de baixo consumo, por suposto). Poderiamos arrincar pola ‘cacharrería electrónica’, todos eses aparellos que día tras día van enchendo as nosas casas e que funcionan inapelablemente con electricidade (empezando pola batería do móbil). Seguro que Papá Noel e os Reis Magos fixeron crecer este parque electrónico.

SEGUE AQUÍ

Levantando acta da Crise

Luns, 20 de Xaneiro, 2014


HAI CERTO tipo de documentos que deixan máis que claro que estamos en Crise. Non me refiro ás cifras do paro, nin á de emigrados, nin á de empresas con problemas, nin ás de redución de servizos sociais. Non, non me refiro a eses documentos, senón a outros, onde a Crise se coa dunha forma sutil. Falo das actas das reunións de goberno, esas que dan conta do que aprobou o executivo de quenda, sexa de ámbito autonómico, provincial ou local. Repasas eses documentos, todos eles públicos e boa parte deles accesibles vía internet, e descobres os rastros da Crise.

SEGUE AQUÍ

Aqueles campos de batalla

Luns, 13 de Xaneiro, 2014

ESTA SEMANA, a Cámara de Comercio de Lugo xerou unha noticia positiva, pois volve ter un presidente e un pleno. O organismo das sedes vermella (en Ramón Ferreiro) e verde (en Augas Férreas) levaba meses dándoas de carácter negativo, así que todo o que rodeou á elección de Luís Abelleira foi positivo…

SEGUE AQUÍ

Un prólogo de doce meses

Luns, 30 de Decembro, 2013


PARAFRASEANDO a Eugenio d’Ors, a estas alturas do ano, ou fas un resumo ou cho fan. Bo, tamén vale a variante dos prognósticos ou proxeccións. Estas últimas son máis divertidas, máis que nada se confías en que ninguén vaia ter a paciencia de comprobar dentro de doce meses se acertaches nos teus prognósticos. Nalgúns casos, é fácil, como neste 2014, que vai estar marcado polas citas coas urnas, tanto as que se celebrarán como as que non se sabe se chegarán a termo (a catalá). Todas, aínda que sexan en lugares tan afastados fisicamente como Escocia, terán certo impacto en Lugo e Galicia. Isto converte a este ano que empeza o mércores nun prólogo a un 2015 moito máis intenso, con citas electorais municipais e lexislativas.

SEGUE AQUÍ

O Nadal que nos reconvén

Luns, 23 de Decembro, 2013

ALGÚNS odian o Nadal por esa especie de obrigación de ser feliz por decreto, gastar a espuertas, ir coa sonrisita posta aínda que se che morreu o familiar máis próximo, e esas continuas apelacións á bondade e os bos sentimentos que o resto do ano temos esquecidos. No ámbito político, eses días ábrese unha especie de armisticio, que leva a que as guerras se minimicen e a actividade baixe ata niveis case estivais. Iso non impide outra variante de guerra: a orixinada por temas estritamente do Nadal. Se somos capaces de pedir dimisións polo programa dunhas festas, ¿como non imos montala polo Nadal? As liñas argumentais adoitan ser dúas: a iluminación e a calidade dos actos, elemento este último que tamén remite ao aspecto económico.

SEGUE AQUÍ

Que era iso de investir?

Luns, 16 de Decembro, 2013

TRAS A presentación do proxecto de orzamentos do Concello de Lugo, xa coñecemos as previsións das administracións de maior entidade que incumben á provincia de Lugo. Ano tras ano, salvo algunha excepción, repítese esa progresión temporal: primeiro preséntaos a administración central; despois, a autonómica, máis tarde (fai menos dun mes) a provincial e, finalmente, o goberno do municipio máis poboado, o de Lugo. As catro son, tamén, as únicas que adoitan presentar o seu proxecto antes de que acabe o ano. Fóra destas catro institucións, o que leva é exactamente o contrario: presentar orzamentos case a ano vencido. As cousas, que conste, cambiaron nos últimos tempos, algo que tamén hai que agradecer en parte á Crise: como as economías municipais están tan depauperadas, faise máis necesario que nunca acudir ás subvencións de organismos superiores, que normalmente esixen para iso ter as contas ao día.

SEGUE AQUÍ

Cousas que nunca pasan

Luns, 9 de Decembro, 2013

O BO de vivir nunha provincia como Lugo é que sabes que hai certas cousas que nunca van pasar. Tamén é o malo de vivir aquí, claro. E, por suposto, isto non é unha dogma universal, porque ás veces pasa o que non debe pasar. Por exemplo, vai ser difícil, por non dicir imposible, que actúen aquí os Rolling Stones ou Bruce Springsteen. Pero, xa postos con espectáculos con masas, tampouco nos podiamos imaxinar hai tres anos que Messi ou Cristiano puidesen xogar no Ángel Carro, e agora esa posibilidade existe (en Copa ou previo ascenso, obviamente).

SEGUE AQUÍ

Os números do aniversario

Luns, 2 de Decembro, 2013

OS ANIVERSARIOS son un recurso moi socorrido para cando queres acalar a túa conciencia (xente que recorda en data fixa aos seus seres queridos, estean ou non vivos) ou cando non sabes de que falar ou, precisamente, por todo o contrario: cando che interesa que se fale de algo. E estes días tivemos un aniversario, o dos dous anos da vitoria do PP, que todos asimilamos a un bienio de goberno, aínda que isto último é incorrecto: e é que, realmente, Mariano Rajoy e os seus mozos levan decidindo nas nosas vidas desde o 30 de decembro de 2011, data do primeiro consello de ministros decisorio.

SEGUE AQUÍ