Posts etiquetados ‘Septenario lugués’

Lugo atrásase dez anos

Mércores, 30 de Abril, 2014

A UNDÉCIMA empresa con sede en Lugo que máis facturou no ano 2010 era Laboratorios Nupel, xa entón en concurso de acredores. Así o recolle o informe Ardán de 2012 (sempre vai con dous anos de demora). Hai dez anos, a empresa que deu a coñecer a Jorge Dorribo, antes de que lo levase por diante a operación Campión, ocupaba o posto 13 na listaxe. No 2004 recoñecía unha facturación de 41 millóns; no 2010, de case 51. No último informe publicado, o referido a 2012, tal empresa xa non aparece entre as primeiras cincuenta. A desaparición é rechamante, sobre todo polo seu transfondo xudicial, pero non é nin moito menos a única.

SEGUE AQUÍ

A semana dos laicos

Martes, 22 de Abril, 2014

ALGUÉN conta a anécdota dunha persoa que se atopou nunha cidade unha rúa cortada, un amplo control policial e un grupo enorme de xente e pensou que ocorrera algo grave: un atentado, por exemplo. Pero ao achegarse o que viu foi un paso de Semana Santa: ou sexa, a única manifestación que había era relixiosa.

SEGUE AQUÍ

Un enfrontamento modélico

Martes, 15 de Abril, 2014

UNHA RIFA entre dous partidos adoita ser noticia; cando se repite moito, non: cansa como correr dúas maratóns seguidas. E hai moito tempo que non asistiamos a unha polémica tan coñazo, repetida e aburrida como a que se traen o goberno local de Guitiriz e o provincial de Lugo, na súa rama socialista. O de José María Teixido, José Ramón Gómez Besteiro e os seus satélites chegou a tal nivel que un non sabe se reunilos e encerralos sen pan nin auga ata que se poñan a falar seriamente ou mandar á papeleira o comunicado ou a rolda de prensa do día. Pero esta semana, caín na conta de que este desafío matonesco toma elementos doutras partes… como todo culebrón ou folletín.

SEGUE AQUÍ

Máis políticos na periferia

Martes, 1 de Abril, 2014

CO que caeu esta semana, en que a merda choveu, en maior ou menor medida, sobre todas partes, a un xa non lle estraña que os cidadáns se estean pensando moi seriamente se seguir confiando na clase política que coñecen. E tampouco é de estrañar que xurdan formacións, tanto nos límites do sistema como fóra del, que aspiren a capitalizar o voto dos descontentos. Iso é tan estimulante como inquietante.

SEGUE AQUÍ

O de diante, un alcalde

Martes, 25 de Marzo, 2014


UNHA DAS fotos da semana é a do alcalde de Monforte diante dos seus homólogos de toda Galicia na concentración que levaron a cabo en Santiago para protestar contra o canon de Sogama. A Severino Rodríguez véselle coma se fose o xeneral dun exército disposto para o combate. A imaxe encerra moitos símbolos, aínda que a traio aquí por un en concreto. E é que, aínda hoxe, nalgúns pobos de escasa poboación, o alcalde é o primeiro ao que acudir para solucionar problemas de todo tipo (sexa administrativo ou incluso persoal), algo que se fai extensible ao ente ao que representa, o Concello.

SEGUE AQUÍ

O ‘déjà vu’ dos yeyés

Martes, 18 de Marzo, 2014

IGUAL é que levo demasiado tempo lendo sobre a política lucense, pero esta semana tiven ganas de repetir o título da semana pasada. Se entón comentaba que hai cousas do día que me recordan a outras anteriores, coma se vivísemos nun eterno retorno nietzscheano, esta semana o concepto podería ser o de ‘déjà-vu’. ‘Basta con botarlle un ollo ao xornal do venres para crer que o que é novo xa o viviches antes. Por exemplo, iso de que un alcalde deixe un partido para que este non se vexa obrigado a botalo, que é o que fixo José Luís Raposo Magdalena, é moi parecido ao que fixo as súas veciña Dolores Castro no Courel. Quizais aí estea a razón de que o partido desta, o PP, non faga sangue neste tema.

SEGUE AQUÍ

Nietzsche nas noticias

Martes, 11 de Marzo, 2014

HAI OCASIÓNS en que un pode facer un artigo ata filosófico, literalmente, ou, polo menos, cultureta: citar a Nietzsche, Eliade, Borges ou, xa postos (grazas, Wikipedia), Poincaré. Son eses momentos en que parece que volves ao mesmo, que as cousas se repiten, que hai unha especie de eterno retorno (o concepto que une os catro apelidos anteriores), que o que ocorre xa o viches ou viviches (ou liches ou contaches) antes. Pénsoo á vista de que estes nove días de marzo están cheos de asuntos antigos que un xa esquecera e que, de súpeto, volven ao primeiro plano.

SEGUE AQUÍ

O ‘coco’ chámase Gamonal

Mércores, 5 de Marzo, 2014

HAI POBOACIÓNS que, por diversas circunstancias, adquiren carácter mítico. Algunhas o son xa desde o principio, pola súa orixe ficticia (Syldavia, Camelot…); outras nos fan soñar, como Tombuctú, e algunhas nos levan ao pasado, como Balaclava, ‘resucitada’ estes días pola crise de Crimea. Pero non fai falta irse tan lonxe. En tempos, todo bloqueiro que se prezase tiña que citar como referente a Allariz. Despois, cando un goberno de López Orozco embeleceu as entradas á cidade de Lugo, algún alcalde do resto da provincia prometía para as súas zonas verdes arranxos idénticos (xuro que isto que conto é certo). E desde hai unhas semanas, este club de localidades míticas ten un novo membro: Gamonal

SEGUE AQUÍ

A política como un entroido

Martes, 25 de Febreiro, 2014

OS HUMANOS temos tendencia a disfrazarnos, a pornos outros traxes que os habituais, aínda que ás veces, por darlle seriedade, chamámolos uniformes ou traxes de gala: sexa para bautizos, comuñóns, vodas, entregas de premios, actos oficiais de empresa ou, xa postos, enterros. Ao longo do ano hai varias ocasións para lucir outros atavíos, empezando pola primeira madrugada (do ano). A gran ocasión para ocultarse tras outras roupaxes, precisamente, son estas datas de entroido en que agora entramos, á espera de que Hollywood consiga que se asente Halloween (perdón: quería escribir Samaín).

SEGUE AQUÍ

Cando o político é Pobo

Martes, 18 de Febreiro, 2014

O VALEDOR DO POBO parece terse convertido nos últimos días nun elemento máis da loita política. Diversos integrantes do PP acudiron ao comisionado que vela polos dereitos dos galegos para que defenda os seus fronte a gobernos doutras cores. Primeiro foi fronte ao Concello de Rábade, gobernado por un alcalde independente; despois, o do Incio, dirixido milagrosamente (en minoría moi minoritaria) por unha alcaldesa socialista, e esta semana, o obxectivo da queixa popular foi o goberno socialnacionalista da Deputación. Visto desde fóra, podería pensarse que obedece a toda unha estratexia ben pensada, porque as tres demandas son por unha presunta falta de transparencia (no caso de Rábade, tamén polo trato dado polo independente Francisco Fernández Montes ás mocións).

SEGUE AQUÍ