Posts etiquetados ‘Pedrafita’

O ‘déjà vu’ dos yeyés

Martes, 18 de Marzo, 2014

IGUAL é que levo demasiado tempo lendo sobre a política lucense, pero esta semana tiven ganas de repetir o título da semana pasada. Se entón comentaba que hai cousas do día que me recordan a outras anteriores, coma se vivísemos nun eterno retorno nietzscheano, esta semana o concepto podería ser o de ‘déjà-vu’. ‘Basta con botarlle un ollo ao xornal do venres para crer que o que é novo xa o viviches antes. Por exemplo, iso de que un alcalde deixe un partido para que este non se vexa obrigado a botalo, que é o que fixo José Luís Raposo Magdalena, é moi parecido ao que fixo as súas veciña Dolores Castro no Courel. Quizais aí estea a razón de que o partido desta, o PP, non faga sangue neste tema.

SEGUE AQUÍ

Unhas aclaracións

Luns, 1 de Decembro, 2008

De cando en vez, convén facer repaso a algún tema que quedou pendente ou responder a algún comentario.

Por exemplo, a aivai e Fanjul Segundo voulles ter que recordar que os seus tochos non hai quen os lea, á parte de que non sei que teñen que ver co tema.

A X. M. Becerra (un pracer verte por aquí) aclárolle que tamén Lugo asinou a súa entrada no Consorcio de Servizos Sociais, e xa ves a que ten montada. No caso de Pedrafita, o tema é a residencia de anciáns, que o Concello foi facendo a poucos, collendo subvencionciñas duns e doutros e que está a piques de rematar.

No da Uned, esquecinme doutro nome coñecido no claustro, Ángela Galván, a xuíza que se fixo famosa en Lugo polo seu cruce de cartas con Francisco Cacharro a conta daquilo que se chamou Operación Muralla.

Ah, e no das pintadas, atopei unha mellor: uns versos de Apollinaire nun muro da Tinería, preto da Ruanova. Que bonito é o amor!

Pedrafita, como Lugo

Venres, 21 de Novembro, 2008

Tanto falar da polémica sobre a non-entrada de Lugo no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da consellería VIB (Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar) e resulta que na provincia hai outro caso semellante, un concello que tampouco está de acordo coa idea de que o departamento de Anxo Quintana se faga cargo da xestión dun centro social, neste caso unha residencia para a terceira idade, construída con fondos do Concello. Trátase de Pedrafita do Cebreiro. O seu alcalde, por certo, tamén é socialista.