Confiar na porta de atrás
Luns, 29 de Abril, 2013LUGO FIXO historia estes días. Na provincia debatéronse tantas mocións de confianza nunha soa semana como na historia do Goberno do Estado desde a restauración democrática: dous. A principal diferenza é que unha, a de Monforte, tivo o mesmo resultado que as dúas expostas no palacio das Cortes: foron aprobadas. En cambio, na do Valadouro o pleno retiroulle a confianza ao alcalde. Pero o rexedor valadourés, o popular José Manuel Lamela, non foi o primeiro en perder a confianza do pleno recentemente. O 18 de marzo ocorríalle o mesmo ao alcalde de Cambre, o seu compañeiro de partido Manuel Rivas.