Electuras – Clave local?
Sábado, 13 de Xuño, 2015Semella que hai catro anos se castigou ao PSOE polas políticas erráticas de Rodríguez Zapatero, mentres que neste 24-M o castigado parece ser o PP polas súas políticas de axuste (e o PSOE e os partidos ‘da Casta’). Iso é que se pode deducir dos resultados, e iso me leva a cuestionarme algo que parecía un axioma electoral: ¿Pero non quedaramos en que as eleccións municipais sempre se fan en clave local? Pois parece que non sempre é así.
Si se pode facer unha lectura local no ocorrido nas dúas maiores cidades de España, e, se me apuran, mesmo na de Galicia (disque en Vigo Caballero arrasou pola súa política de proximidade e humanización de inhóspitos recantos esquecidos). E é que os resultados de Madrid e, sobre todo, Barcelona demostran que non sempre o que lle importa á xente normal é a última elucubración mental dun partido, senón as cousas do día a día: non a independencia, senón a axuda social; non o soberanismo, senón o reinvestimento do gasto superfluo. Aínda que, e aí hai un paradoxo, moitas das cousas que queren arranxar as mareas cidadás non entran na súa competencia.
Sexa o que sexa, as corporacións locais que están a tomar posesión nestes intres ou que xa o fixeron vanos dar catro anos que, posiblemente, serán apaixonantes. Sorte a todos os alcaldes.