Aquela carta
Xoves, 25 de Xullo, 2013Volvendo ao artigo do domingo pasado. En plena investigación de García Calderón sobre Prado Villapol, chegou a El Progreso unha sorprendente carta ao director (publicada) que proclamaba que o exalcalde do Vicedo era a porta cara o financiamento irregular do PP. Daquela, xa digo, moitos pensamos que era unha tolemia de quen rubricaba a carta. Hoxe, igual non. O que se investigaba eran as dietas que percibían os políticos. Chegouse dicir que Prado Villapol mesmo pasara dietas por 31 días en febreiro. Xa ven que non cambiaron moito as cousas, porque o tema segue de actualidade hoxe en día mesmo noutros ámbitos.