Posts etiquetados ‘empresas’

Lugo atrásase dez anos

Mércores, 30 de Abril, 2014

A UNDÉCIMA empresa con sede en Lugo que máis facturou no ano 2010 era Laboratorios Nupel, xa entón en concurso de acredores. Así o recolle o informe Ardán de 2012 (sempre vai con dous anos de demora). Hai dez anos, a empresa que deu a coñecer a Jorge Dorribo, antes de que lo levase por diante a operación Campión, ocupaba o posto 13 na listaxe. No 2004 recoñecía unha facturación de 41 millóns; no 2010, de case 51. No último informe publicado, o referido a 2012, tal empresa xa non aparece entre as primeiras cincuenta. A desaparición é rechamante, sobre todo polo seu transfondo xudicial, pero non é nin moito menos a única.

SEGUE AQUÍ

Lugo segue mirando fóra

Martes, 19 de Novembro, 2013




UN DOS primeiros traballos que publiquei neste xornal, cando Tito Diéguez intentaba que eu profundase no coñecemento da provincia, arroxaba unha conclusión inquietante. Era un informe de dobre plana sobre as empresas de Lugo e a tese final era que as máis grandes tiñan a súa sede fóra da provincia. é dicir, a materia prima sacábase de aquí, pero os beneficios íanse fóra. Hai vinte e tres anos diso e, a verdade, a situación non cambiou moito e poida que incluso empeore.
SEGUE AQUÍ