Posts etiquetados ‘adiviña’

Rancores

Martes, 16 de Xuño, 2009

Hai tempo que non poño unha adiviña. Aquí vai unha:

En que concello próximo a Lugo hai xente que di que o alcalde se move estritamente por cuestións persoais e que por afundir a alguén chega a decidir actuacións urbanísticas en función dos seus rancores persoais.?

Á procura dunha entrevista

Luns, 30 de Marzo, 2009

Hoxe toca adiviña, que hai tempo que non saco ningunha.

Que coñecida activista social galega estivo a chamar hai unhas semanas (antes das eleccións autonómicas) a varios medios preguntando quen a chamara para facerlle unha entrevista… sen que fora certo que a chamaran?

Que conste que é un truco moi vello ese de contactar con algún medio informativo dicindo que te chamaron porque supostamente te querían entrevistar: ás veces, alguén pica e faiche a entrevista que queres. Canto lles gusta a algúns (neste caso, algunha) saír nos medios!

Non, non era de Lugo.

Alcalde corredor

Xoves, 20 de Novembro, 2008

Hoxe toca outra adiviña. 

Hai un alcalde da provincia de Lugo que nos últimos meses foi multado tres veces pola Garda Civil no mesmo punto da mesma estrada e polo mesmo motivo: exceso de velocidade.

Quen será?

Exceso de peso

Domingo, 9 de Novembro, 2008

Velaquí unha adiviña, que hai tempo que non poño ningunha.

Que institución (chamémola Institución A) tivo que pagarlle preto de 2.000 euros a outra institución (chamémola Institución B) por un exceso de peso nun avión?

A historia é que un representante de A foi (de xeito oficial) nunha viaxe (tamén oficial) coa Institución B, e, chegados ao aeroporto, A tiña exceso de peso e falta de pesos (1), así que B tivo que tirar da súa tarxeta de crédito.

A historia descubriuse accidentalmente estes días; o que pasa é que non está claro se o exceso de peso era por motivos persoais ou institucionais, que é o máis probable: esas estatuíñas, pracas e outras chorradas que regalan as institucións tamén pesan!!!

 

(1) Xa sei que non circulan nin pesos nin pesetas, pero é por facer o xogo de palabras.