O de antes e o de agora

Na entrevista con Xosé Manuel Barreiro que publica este martes El Progreso, recordeille iso de que o novo hospital de Lugo é un proxecto posto en marcha polo PP e que, despois de catro anos de bipartito, vai inaugurar un presidente da Xunta do PP. Pero despois recordei que a lista de cousas das Xuntas de Manuel Fraga que van rematar en mans da Xunta de Núñez Feijoo é máis ampla. Velaquí van unhas poucas, que recordo a bote pronto:

  • Corredor Monforte-Sarria.
  • Auditorio de Lugo.
  • Autovía Ferrol-Vilalba.
  • Plan Paradai.

Este luns discutía cun amigo concelleiro do PP sobre a causa da derrota do bipartito. Un dicía que influíu moito o do Audi e o despacho de Touriño; o outro, que os que votan menos visceralmente tamén tiveron en conta a rapidez con que se executaron algunhas infraestruturas nestes catro anos. O que pasa é que sospeito que as cousas tampouco van ir rápidas, polo menos, nos dous vindeiros anos: para facer, primeiro hai que desfacer, ou iso semella que pensa todo gobernante que se prece.

Tags: ,

20 Comentarios a “O de antes e o de agora”

  1. Manoel

    Unha vez máis, Vaqueiro, pos a túa sardiña cabo do lume do PP.Mágoa de xornalistas que, camiñando a modiño e silenciosos, van abrindo as portas para que pasen os políticos da dereita. Quzáis sexa a maquía que moitos teñen que abonar para seguir nos seus postos laborais.

  2. undelugo

    O tal Manuel daba un analista político fino, fino. Vaqueiro pode ser moitas cousas, agora, de dereitas non parece que sexa. É máis, comentaristas afíns á dereita, por usar os termos de “Manoel”, cóntanse cos dedos dunha man. E sobran un par deles. Falar de maquías dende a esquerda, sexa nacional ou nacionalista, é gracioso. Vaia maquía pagou o propietario de Xornal, e vaia maquía paga Prisa ou La Sexta, ou Público. Seguimos?

Comenta

*