Deputacións

Os presidentes das deputacións, no parque do Rato

O pasado venres xuntáronse uns cantos presidentes e vicepresidentes de deputacións para facer unha Declaración de Lugo, na defensa destes entes que están a cabalo entre o poder local e o autonómico. Estaban vintetrés ou vintecinco, segundo as informacións oficiais, presididos todos eles por Xosé Ramón Gómez Besteiro. O número é moi significativo, pois representan o 61 por cento das existentes en España (non hai nas comunidades autónomas uniprovinciais), e a listaxe é moi interesante.

Estaban moitos do PSOE (por exemplo, Barcelona e Teruel), algún do PP (Salamanca), un de ERC (Lleida), faltaban os tres vascos e… dous galegos, os dous que non son do PSOE, é dicir, o ourensán Xosé Luís Baltar e o pontevedrés Rafael Louzán. Son xusto os dous que hai uns días tiveron un rifirrafe no Parlamento cos dous presidentes socialistas galegos (Gómez Besteiro e o coruñés Salvador Fernández Moreda) sobre viaxes… Referíanse ás viaxes fóra de España, aínda que, se cadra, tamén abranguían as de dentro.

Tags: , , ,

2 Comentarios a “Deputacións”

  1. Petra

    Unha vez máis comprobamos a influencia das mulleres na vida política. Unha presidenta entre todos eles…¿Ou é a secretaria dalgún destes esforzados homes que aparecen na foto? Os postos sobranceiros sempre nas máns dos intelixentes homes. Pasa como na igrexa vaticana: Homes, homes, homes…

  2. admin

    Realmente, a foto é do acto previo no río Rato e a que aparece é a de Guadalajara. Faltaban as que se sumaron despois á xuntanza oficial, as de Salamanca e Huelva. Pero tes razón, miña cara Petra, e chega con ver o número de alcaldesas que sairon das primeiras eleccións municipais feitas pola Lei de Igualdade. En Lugo, só unha máis, se non recordo mal (a de Portomarín).

Comenta

*