Exceso de peso

Velaquí unha adiviña, que hai tempo que non poño ningunha.

Que institución (chamémola Institución A) tivo que pagarlle preto de 2.000 euros a outra institución (chamémola Institución B) por un exceso de peso nun avión?

A historia é que un representante de A foi (de xeito oficial) nunha viaxe (tamén oficial) coa Institución B, e, chegados ao aeroporto, A tiña exceso de peso e falta de pesos (1), así que B tivo que tirar da súa tarxeta de crédito.

A historia descubriuse accidentalmente estes días; o que pasa é que non está claro se o exceso de peso era por motivos persoais ou institucionais, que é o máis probable: esas estatuíñas, pracas e outras chorradas que regalan as institucións tamén pesan!!!

 

(1) Xa sei que non circulan nin pesos nin pesetas, pero é por facer o xogo de palabras.

Tags: ,

2 Comentarios a “Exceso de peso”

  1. eliberal

    Ai Lara, Larita, Lara… que mal te sentou o ascenso

  2. una pesada

    Non, para nosa desgracia xa non circulan nin pesos nin pesetas, e os euros en mans de todos istes voan en viaxe a china.O noso galante alcade acudiu en rescate da pobre dama en apuros.Que boiño es. Non sabia eu que unha muller tan delgadiña poidera teñer tanto peso. Pero tranquilos, a Deputación abonou ao alcalde o exceso de peso, a iso chamolle eu sabe investir os cartos de todos os pardiños a os que precisamente non non pesan os bolsillos, mas ben andamos baleiros, lixeiriños de equipaxe. Nos si que non temos peso. Estoume a cansar. !Qué pesadez de tema!.
    Vou contarlles outra historia ¿Adiviña, adiviñanza?. ¿Quen pagou a iluminación( uns cinco mil euros) da toma de posesión do noso obispo ?A institución “A o a institución “B”. ¿ou son as duas o mesmo? ¿quen mercou cirios a unha empresa de santiago por importe de casi mil euros ?, ¿quen abonou os panfletos propagandisticos dunha secta chamada “adoración noctura”. Pobre igrexesia, coma non ten cartos, necesita destas pequenas axudiñas. Dende logo tanto o padriño (o señor alcalde )como o seu afillado (o presidente da deputación ),levan gañado o ceo. Pero moito me temo que de seguir así vain perder o peso para eles mais preciado: O das urnas. A non ser que empezen tamén a prestar a súa valiaso axuda os testigos de jeová, os musulmás, os evanxelistas, a igrexisa da ciencienloxia, budistas, e un longo etc.Eu, como non teño credo, xa non se que farei co meu voto. Si algunha vez o tiveron moito me temo que o poden dar por perdido.
    Agora, entre nos, non creen que o proximo destino do noso alcalde sexa o de cardenal, o algo así. Dar da o tipo ¿a qué si?. E o seu afillado, con esa cariña de neno feliz na sua foto de primeira comunión. Qué par. !por Tutatis e todos os deuses!. Atá outro momento. Vou ver o telediario . E que son masoqua e gústame oir falar seguido de crise. Abur.

Comenta

*