E Milucho?
O BNG celebra este domingo a súa Asemblea Nacional, que foi preparada en asembleas comarcais como a celebrada o sábado 27 en Lugo. Daquela, como vai pasar este domingo, houbo unha única candidatura que foi votada por unanimidade. Ben, computáronse dous votos en branco, entendidos por moitos como se foran en contra, pero non foi nada importante. Un podería pensar que o Movemento pola Base se cadra tiña algo de predicamento, por iso de que a súa cara visible é un meirego, Miguel Anxo Abraira, pero tampouco. Disque nalgunha asemblea de hai meses este grupo só recibiu dous votos na comarcal de Lugo.
E entre os elixidos están os que se podería esperar: moito alto cargo, moitos concelleiros, representantes de toda a comarca e todos os delegados provinciais da Xunta que pertencen á comarca de Lugo (Cosme Eladio Pombo é da de Monforte)… Todos? Non! Fáltanos Emilio López, Milucho, delegado de Medio Rural, que nin aparece na lista de elixidos nin é membro electo da Asemblea Nacional (como Paz Abraira, Xosé Antón Bao ou Rodríguez Feixoo).
Onde andará este home o 5 de outubro? É de supoñer que na feira gandeira que se celebra co gallo do San Froilán.
Tags: Emilio López Pérez, Movemento pola Base, Xosé Antón Bao
25 de Novembro , 2008 - 18:57 pm
Supoño que estará negociando con Lence, que é o que lle vai ultimamente.