Traslados

Alguén debería de facer un estudo sobre a importancia que ten Lugo no mapa xudicial español. Debe de ser pouco máis que ningunha. Dígoo porque raro é o ano en que non hai un traslado ou cambio de xuíz, polo menos nas salas da capital. Nós gabámonos da tranquilidade da cidade e da provincia, pero a xente da xudicatura prefire destinos con máis acción e prestixio.

Algunha vez escribín aquí sobre un xuíz de historia interesante, Agustín Vigo Morancho, que chegou ao xulgado número dous da capital dende Cataluña. O mínimo para estar nun destino é de dous anos e Vigo Morancho xa cumpriu ese prazo. Así que o pasado xoves o BOE facía público o seu traslado a Barcelona, para substituír a unha xuíza que estará en servizos especiais e que é o número dous da Escola Xudicial de España. Neste caso, é un traslado lóxico, porque así o xuíz está máis preto da súa casa, pero hai outros adeuses que teñen como razón de ser o buscar un destino de máis sona. A Agustín seguirémolo lendo, supoño, na internet, onde tiña varios blogs nos que non se privaba de dicir o que pensaba.

En cambio, mentres aos xuíces non parece interesarlles moito Lugo como destino, aos policías en prácticas, si: non paran de chegar.

Tags:

3 Comentarios a “Traslados”

  1. eliberal

    Pois si Lugo importa pouco no mapa xudicial español moito menos a súa comarca costeira. Os veciños da Mariña lucense conviven cun sistema xudicial colapsado e sen ningún tipo de sentido. Os xulgados de Viveiro non dan a basto, o de Mondoñedo parecido e o sempre prometido xulgado de Ribadeo non acaba por chegar… O Goberno bipartito ten un comportamento inaceptable: un día prometen a creación do xulgado, outro día votan en contra da iniciativa do PPdeG para levar adiante esta reivindicación.

    E non falemos das vistas do penal que, na súa inmensa maioría obrigan á xente a desprazarse ata Lugo ou o servizo de conciliación laboral que xa non existe en Viveiro pese ao inexplicable silencio dos sindicatos. Como calan cando se trata dun Goberno “amigo”.

  2. LADAIRO

    Amigo Vaqueiro: nin tendo de Directora Xeral de Xustiza a Doña Begoña Santos será Lugo alguén no mapa xudicial. Hai alguns/as que se adican mais a “medrar” que a traballar pola sua provincia…

  3. Agustín Vigo Morancho

    No me gusta mucho comentar las noticias sobre mi persona. Pero acabo de leer en internet un comentario sobre mí. Sólo decirte dos cosas: Lugo como Galicia son sitios excepcionales. Me gusta mucho Galicia desde niño. Mi padre era de Medin de O Pino, a 88 km. de Lugo, por lo que mi vinculación con la Galicia interior, sus prados, sus bosques, los eucaliptos tan criticados, la Catedral de Lugo, la Catedral de Santiago, O Cebreiro, Samos, etc son lugares vinculados a mi vida para siempre. Y Lugo, conocía la provincia, pero la verdad es que me ha sorprendido por la forma de ser de sus gentes, su amabilidad, su nobleza y el encanto de esa Muralla, en la que caben tantos Monumentos, Edificios, plazas y calles. Una gran maravilla, pero, aunque mi padre era gallego, fue en su día destinado como funcionari de prisiones a Lleida y allí se quedó. Por eso me liga también esta ciudad, pues aquí tengo mi familia más próxima, aunque también tengo familia en el concello de O Pino y en Santiago, entre otros sitios.

    La otra cosa es que sigue seguiré publicando mis Blogs y webs, sino los actualizo más es por el trabajo. Pero los podrás seguir leyendo.
    Muchas gracias, llevaré siempre conmigo a Galicia, y ahora especialmente a Lugo.

Comenta

*