O novo barco
Un pouco perdido vimos este venres, na rolda de prensa da xunta de goberno, ao vicepresidente primeiro da Deputación, o nacionalista Xosé Antón Bao, cando un compañeiro da prensa interpelouno sobre o novo catamarán do Sil. E iso que a área responsable do barco, a de Turismo, está nas mans dunha nacionalista, María Xosé Vega, e iso que Bao é oficialmente, segundo figura no reparto de funcións do bipartito, coordinador das áreas bloqueiras.
Pero víaselle parco, como falando dalgunha terra ignota. Ou esa foi a sensación que deu. Nos medios houbo que facer algunha chamada complementaria para saber cando vai estar o catamarán a disposición do público. E non quedou moi claro se o barco xa estaba en Lugo (xa o está, dende o xoves) o se aínda viña de camiño. Por un momento, algún pensou que vai ser certo iso que din de que Vega vai por un lado e os Antóns (Bao e Veiga), por outro.
Iso si: polo que dixo Bao, xa nos podemos esquecer de que volva a funcionar o catamarán de Os Robles, a área recreativa do Miño en Lugo. Téñeno alí aparcado, a carón da escola de piragüismo, en moi mal estado. Moitas veces discutiuse se o río ten alí calado suficiente, e parece que por agora non o ten.
Tags: María Xosé Vega, Xosé Antón Bao
29 de Xuño , 2008 - 0:02 am
non me sorprende nada que o pobre señor bao, non soupera que dicir do barquiño en cuestión, que non e mias que unha herenza do pasado e un gasto froito do capricho dalguns xefes aos que lle gusta navegar, no mas amplio sentido da palabra.
29 de Xuño , 2008 - 1:25 am
Todo o mundo sabe que María Xosé Vega e os Antóns van cada un polo seu lado. Eles non a tragan e ela sábeo ben, non é tonta.
29 de Xuño , 2008 - 20:43 pm
Vaqueiro, o teu é sorprendente! Defendes 100.000 euros para un coche do presidente da deputación e acusas de non enterarse a Bao: Véseche moito o plumero!!!!!