Como cambian os tempos (e 2)
Un dos botóns de mostra do cambio dos tempos na Deputación foi a festa dos seus empregados, Santa Rita, o pasado 22 de maio. Desta, os agasallos foron menos esaxerados que noutros tempos: unha reprodución dunha lucerna. Foi curioso oír a Gómez Besteiro prometéndolle ao cura que o próximo ano irán máis funcionarios á misa da patroa. Pero o mellor chegou na sobremesa, cando a xente empezou a animarse e comezaron a oírse cancións que noutros tempos a ninguén se lle pasaría pola cabeza cantalas nesta festa: O carro, Galiza ceibe… Si, os grandes clásicos do primeiro nacionalismo galego.
E é que a Deputación estase a encher de bloqueiros de todo tipo, mesmo algún histórico, como Manuel Castiñeira Castiñeira, que hai uns días incorporouse á área de Asistencia aos Concellos. Ocupaba a secretaría do Concello de Begonte, e antes estivo na de Becerreá, e nos comezos da democracia, cousa que as xeracións máis novas non lembran, foi candidato do BN-PG (o predecesor do actual BNG) en varias eleccións, acompañado de Lois Diéguez e Pedro Luaces González-Rosón que acabou sendo durante o Cacharrismo o responsable máximo da área de Recursos Humanos. Por certo, un dos seus compañeiros de candidatura, García Mel, tamén é dos membros do staff da nova Deputación bipartita.
E outro signo do que cambian as cousas é que nos vellos tempos disque as funcionarias facían cola diante de Cacharro para bailar co presidente da Deputación. Coa cousa da bicefalia que hai agora, agardábase que o día de Santa Rita se fixeran dúas colas, unha para Gómez Besteiro e outra para Xosé Antón Bao. Pero o vicepresidente tivo que irse, para un acto organizado, precisamente, por este xornal, e non foi posible ver quen tiña a cola máis larga.
De tódolos xeitos, xa ven que ao presidente dáselle ben isto das colas, como demostra nesta foto do reparto de plantas o Día do Medio Ambiente.
Tags: funcionarios, Gómez Besteiro, Xosé Antón Bao
9 de Xuño , 2008 - 20:13 pm
Vaqueiro,
Con cordialidade, non podo compartir o que sinalas:
1º.- Moitos dos que cantaron, cantaron sempre, e as mesmas cancións, Fuxan.. Etc.. non é exclusiva de ningunha ideoloxía. Ainda digo mais o propio Cacharro estivo o ano pasado e o anterior nunha mesa na que se cantaron as mesmas cancións… E se o digo é por boa fonte.Nunca esquezas que a festa non a organizaba nin organiza o presidente, se non os traballadores da Entidade.
2º.- Que eu saiba tampouco é certo que Manuel Castiñeira Castiñeira, se incorporase á área de Asistencia aos Concellos.
3º.- En canto ós regalos, ¿ esaxerados? Os aneis con diamantes creo que son unha lenda. Xa se sabe da “Dipu” como lle chamais todo vale… Con tal de..
4º.- Os bloqueiros dos que falas xa estaban,e quizais xa o eran, non o sei, pero iso non era delituoso antes nin ou debe ser agora.
5º Á misa non foi moita xente, é certo, polo que e lóxico que estando o cura diante ” o xefe” nun tono cordial fixese unha broma.
6º.- Non vou entrar nas “colas” o que si quero para finalizar é dicir que a Festa de Santa Rita da Deputación, pese a quen lle pese, e a pesar dalgúns sempre será unha festa. É o que debe ser.
Un sáudo Vaqueiro,e que te informen un pouco mellor para a próxima, todo dito sen acritude.
Viva Santa Rita¡¡¡¡¡.
14 de Xuño , 2008 - 23:37 pm
[...] razón Cancións: na Deputación sempre houbo moito bloqueiro. O que pasa é que agora semella que estean desatados. [...]
16 de Xuño , 2008 - 18:29 pm
[...] razón Cancións: na Deputación sempre houbo moito [...]