Substitucións?
Un compañeiro conta o rumor (na última páxina de El Progreso do martes) de que vai haber cambios na representación luguesa no Senado. Aínda non se celebrou o primeiro pleno da lexislatura, que será a semana que vén, e xa hai rumores destes. No PP desmínteno. “Eu non me vou ir”, di Barreiro nun descansiño da súa frenética axenda (Lugo, Guitiriz, Burela, Cospeito, Madrid… eu creo que non debe de ter un día baleiro). Dos seus tamén responde. Do PSOE aínda non teño datos. Pero, igual que a Barreiro, a Lago Lage non creo que lle interese deixalo: pola cousa institucional e partidaria. Pero estou seguro de que a máis de un lle gustaría que o socialista o deixara, porque o seu substituto é Balbino Pérez Vacas, e sería un xeito de xubilar a un ex alcalde (de Ribadeo) de capa caída.
Ah, e aviso aos amigos de Chuza de que o meu apelido é moi común na zona á que pertencemos Vítor Vaqueiro, Nicolás Iván Vaqueiro e máis eu. Ningún dos tres somos familiares.
8 de Maio , 2008 - 10:16 am
Nada, nada, tomo nota e corrijo o lapsus. Pois por algum motivo estranho estava convencido do que em realidade era um erro. Desculpas, Vaqueiro
13 de Maio , 2008 - 18:59 pm
Balbino Pérez Vacas es un político muy cuestionado en Ribadeo y quizá no estaría mal pensado eso de darle “la patada para arriba”, es decir, ascenderle hasta el Senado para alejarle de la gestión socialista local.
En todo caso Lago Laje ha demostrado ser un enamorado del cargo y no creo que, acostumbrado a “no rascarla” en la Cámara alta, decida poner fin a su periplo madrileño.
11 de Xuño , 2008 - 12:34 pm
Estima Anxo:
Como lector do teu blog quero corroborar que nas terras de Salvaterra, Salceda e Porriño, onde eu resido e son portavoz do PSOE, o apelido Vaqueiro é moi común.
Probablemente de orixe portugués, ten unha etimoloxía de orixe probablemente xudea, como todos os apelidos que fan mención a profesións (zapateiro, carpinteiro, mariñeiro, etc…), soen ser orixianarios de xudeus ou moriscos conversos (cristianos novos).
Os meus avós din ue sempre estiveron nesta marxe do río (Miño), mais é probable que tiverna os seus orixes na parte portuguesa fai moitas xeracións.
Así que se queres pasarte a tomar un bó albarinho da casa, chama e da un toque. Os Vaqueiros sempre son benvidos.
Un saudo,
N. Iván Vaqueiro
11 de Xuño , 2008 - 23:22 pm
Un albariño da casa? Tomo nota.
27 de Maio , 2024 - 19:28 pm
Miguel Ángel Silvestre TV-Shows…
Letras Vaqueiras » Blog Archive » Substitucións?…
8 de Xuño , 2024 - 0:08 am
entertainment news headlines…
Letras Vaqueiras » Blog Archive » Substitucións?…
26 de Xuño , 2024 - 9:12 am
qnexa benefits for weight loss…
Letras Vaqueiras » Blog Archive » Substitucións?…