Xuntanzas do BNG
Hoxe, Xosé Antón Bao, vicepresidente primeiro da Deputación e home forte do triunvirato comarcal de Lugo, deu unha especie de aviso a navegantes na rolda de prensa da xunta de goberno provincial. Falando de Chantada, onde PSOE e BNG acadaron un acordo para as obras do canon eléctrico, Bao aproveitou para salientar as vantaxes que teñen as alianzas entre as dúas formacións.
O comentario adquire maior relevancia se se pensa que o BNG comarcal, ese no que Bao manda xunto con Xosé Manuel Becerra e Esther López, está estes días a manter varias xuntanzas para analizar a situación naqueles concellos nos que o PSOE chegou á alcaldía grazas aos votos nacionalistas, pero sen chegar a asinar un pacto de goberno: Pol, Portomarín, A Fonsagrada, Castro de Rei e Begonte. Interesante é o primeiro caso, xa que este sábado, no pleno, vai estar en xogo o soldo do alcalde.
E xa que falo da executiva comarcal do BNG, que leva sen titular único dende xullo, vou dar unha data nova para a súa renovación: antes do verán ou, como moito, antes de que o Bloque comece o proceso para as eleccións. Aínda que semella que neste partido non teñen présa.
Tags: concellos, Xosé Antón Bao
28 de Abril , 2008 - 13:57 pm
O do PSOE non ten nome. Néganse a chegar a acordos e o bloque ten que sacalos dos apuros cmoa en Pol. Boa a indirecta do Bao. E do outro, eu vexoos ben no mando aos tres.