Mulleres
As mulleres están asumindo moito protagonismo estes días na política provincial: a bloqueira María Xosé Veiga, a sociata Lara Méndez (foto da dereita) e maila pepera Isabel García Pacín (esquerda) E algunha mala lingua fala doutra muller do PP, Manuela López Besteiro, a quen nalgúns ámbitos acusan do cambio do actitude dos populares diante do decreto sobre o galego.
De Pepa xa teño escrito aquí; segue sen estar claro se vai ser ela a vicepresidenta primeira da Deputación, e hoxe Xosé Antón Bao, o voceiro do BNG na negociación co PSOE, dicía que aínda non hai nomes. Estes días, os dous están a coincidir con Lara na famosa habitación do ‘Méndez Núñez’.
Disque os que levan o peso da negociación son os máis coñecedores dos entrebastidores da Deputación: Bao, Antón Veiga, Manuel Martínez, Xosé Ramón Gómez Besteiro. Pepa e Lara tamén fan algunha achega, pero menos, e Lago Lage, que pelexou moito en tempos con Cacharro, tamén. Creo que entre todos están conseguindo facerse unha idea do labirinto que se creou no ente provincial nos últimos 24 anos.
E de García Pacín, a concelleira de Friol que vai substituír a Xosé Manuel Barreiro no Parlamento galego, que queren que lles diga? Por certo, coa entrada de Isabel, o grupo lugués do PP vai quedar totalmente paritario: catro homes e outras tantas mulleres. O do BNG seguirá a selo: un home e unha muller, se Cristina Ferreiro acepta substituír a Pepa Veiga.
Isabel ten todas as beizóns de Antonio Muiña, o imbatible alcalde de Friol, a quen o noso fotógrafo ‘cazou’ collendo o móbil mentres os seus compañeiros do PP remataban de aplaudir a Cacharro o mércores, no pleno de despedida. Daquela, Muiña non sabía que Barreiro xa anunciara que deixa o Parlamento, pero algo debía de albiscar. Que sería do PP provincial sen este home? E que sería de Barreiro se Muiña chega a manterse naquela terceira vía que case promoveu no seu famoso manifesto de abril do 2006?
Tags: Barreiro, Lara Méndez, Muiña, mulleres, Xosé Antón Bao
13 de Xullo , 2007 - 0:00 am
O do Vicepresidente do BNG está claro que ten que ser Bao. É o portavoz e o que está levando o peso da negociación. Sería un erro, penso eu, que o BNG escurecese a unha persoa que xa é referente do nacionalismo na provincia. El ten que ser a cara visíbel do Bloque a nivel provincial desde a Deputación. Calquer outra alternativa non sería entendible. Ademais, Pepa Vega ten responsabilidades directas e específicas no goberno de Monforte. Ese debe ser o seu campo de traballo.