O deputado de Chantada

Ao final, tanto falar da discriminación que sufría Fernando Pensado, alcalde de Palas, se non podía participar na elección de deputados provinciais porque tiña o concello sen constituír, e resulta que o deputado do PP pola comarca de Chantada non vai ser el, senón Manuel Lorenzo Varela, anterior alcalde de Chantada.

Pensado di que el non quere, que ten moito traballo coa medicina e a alcaldía a un tempo, que Manolo meréceo e que o partido necesita experiencia agora que vai iniciar un camiño novo na Deputación, o da oposición. Tamén é un xeito de compensar a un rexedor que perdeu polo empuxe do PSOE e do BNG e, en parte, por iso de ter que nadar entre dúas augas no tema do canon enerxético. Agora, por certo, quen llo vai reclamar á Deputación vai ser o mesmo alcalde que puxo en marcha, a comezos dos noventa, o proceso xudicial: o agora nacionalista e daquela de Chantada Nova Manuel Anxo Taboada.

Din as malas linguas que no PP da comarca houbo algún mosqueo pola elección de Varela, aínda que oficialmente o deputado electo leva os avais dos 39 concelleiros que teñen os populares no distrito.

Un comentario a “O deputado de Chantada”

  1. BASTIAN GOMEZ TRABADELO

    Ten todos los apoios, pero si se puidera votar en segredo e en furna moitos concelleiros non poden ver nin en pintura a Manolo Varela, pero hoxe no PP e una caixa de grilos, escomenzando por José Manuel que lle van a empezar a pedir contas, na cidade, na provincia e en Santiago.

Comenta

*