O primeiro contacto

Isto foi unha xuntanza nunha suite nupcial (a cama estaba pechada, detrás dunha porta), con auga, café, pasteis, moitos caramelos, un cinceiro que quedou ateigado de pitos rubios, debaixo de dous cadros de Labajjo Grandío e Quique Bordell e con xente pasando polo medio dos xornalistas que agardabamos fóra. Bo ambiente? Moito (estes días estou a recordar as enormes gañas de pactar que demostraban Branca e Orozco no 1999). Boa disposición? Tamén. Diferenzas? Algunhas, pequenas, pero diferenzas ao fin.

É unha apreciación persoal: deume a sensación de que os do PSOE estaban máis ledos que os do BNG. Pero nestas cousas nunca se saben; eu hoxe xa lle prometín a un dos negociadores que os xornalistas gritaremos un “que se biquen” se hai ‘voda’ o sábado na Deputación.

2 Comentarios a “O primeiro contacto”

  1. Xesus do Páramo

    Por sorte, o BNG é necesario nesta negociación. Somos moitos os que pensamos que pouco cmabio habería na Deputación se quedase todo nas mans do PSOE. Enchénse de repetir que as Deputacións están ben coas competencias que teñen e son reacios a modificar nada. Nalgún sitio, como é o caso do meu concello, segue as mesmas pautas: en Castroverde, o alcalde tamén creou o das axudas a comunidades veciñais (as famosas carpetillas), cos mesmos criterios que Cacharro. Alégrome de oir de boca do próximo Vicepresidente primeiro, (Antón Bao) que iso tamén ten que cambiar. A Martínez e ao Sr. Arias, non llelo oín. Espero sentado

  2. BASTIAN GOMEZ TRABADELO

    Vaqueiro, a verdade e que tes unhos contertulios moi indulxentes e crédulos.
    Creer que o Psoe e o BNG, van cambiar algo nas Diputacións, so se lle ocurre a eles pensalo.
    Mirade, cando vexan a cantidade de cartos e obras que se poden facer os Concellos amigos, e a cantidade de feos que se fan os inimigos, repetirán punto por punto todo o que Cacharro fixo cuarto de siglo en San Marcos.
    Só unha personalidade emerxente, con carisma que fora un pouco de todos levaría o organismo provincial a democracia.
    Nin José Ramón, nin Martínez e as boas intencións de Bao poderán mover a maquinaria da diputación que está preparada para favorecer, repito, os amigos e desairar os contrarios.
    O que habría realmente que preguntarse si en unha autonomía de 4 provincias ten algún sentido a Diputación que é un trebello montado no século XIX para representar o Estado e favorecer a vertebración provincial e paliar as graves diferencias que se podian provocar cos grandes Concellos.
    A terra Chá, a Ribeira Sacra, a Mariña estarían realmente abandonadas si no seu momento certas persoaxes de influencia supraprovincial e en Madrid, por medio da diputación non dispuxeran de fondos con destinos as máis das veces con criterios personalistas e clientelares invirtiran nesas zonas.
    Penso na Alúmina, as inversións en plantacións de madeira na costa, o porto de Celeiro, os Colonos de Castro, a concentración parcelaria da Terra Chá, a achega de fondos europeus para o Sul provincial para as comunicacións e demáis fanme crer que hoxe non ten ningún sentido o Ente, cando os fondos son das Consellerías, e o reparto está suxeito o capricho de si Blanquito promete ou non promete.
    E si non vede o que pasou en Lugo, cas Gándaras, ca Ponte nova, co Plan Urbán para o Centro e ca Ronda Norte que son infraestructuras que cabrían dentro de unha rede de servicios provinciais e que non se fixeron por que os cartos tiñan que puentear a Diputación e eso non se podía facer.
    Son como queda constancia bastante exceptico sobor da labor que os denominados progresistas van facer na Diputación e agradaríame enganarme, pero xa saben sabe máis o diaño por vello que por diaño.

Comenta

*