A destitución de Pilar

A nosa exclusiva sobre Pilar Estévez foi unha das noticias do día en Lugo. A iso da unha atopeina na Rúa da Raíña: a ex conselleira do Inludes dicía que xa lle ‘ardía’ o móbil da cantidade de chamadas de solidariedade que recibira pola mañá.

A súa destitución fulminante é, sen dúbida, o reflexo dunha situación tirante entre ela e Francisco Cacharro que se viña arrastrando dende hai máis dun ano. Estiven a mirar no arquivo canto hai que non daban unha rolda de prensa xuntos: a foto máis recente que me sae é de xuño do 2005. O sorprendente da destitución é que Cacharro podía ter agardado ata o día 14 (a nova data que se baralla para a constitución da nova Deputación), cando todo o consello reitor do Inludes cesará automaticamente ao rematar o seu mandato.

Falei onte con ela e estaba moi doída. Non chegou a dicirme se lle puxeran a alguén por riba, algo así como un ‘comisario político’, aínda que as malas linguas da Deputación aseguran que algo diso hai. O mellor foi unha cousa que me contou Pilar e que vou reproducir a xeito de adiviña: A que non saben que conselleiro freou un convenio coa Deputación cando soubo da destitución?

2 Comentarios a “A destitución de Pilar”

  1. undelugo

    Bueno, bueno Vaqueiro xa voltas ás adiviñas. Paréceme ben. Coido que que o conselleiro é un con nome de Rei deste país antes chamado España, e con apelido idéntico a Lupi. No canto do comisario político que o Sr. Cacharro lle puxo a dona Pilar, eu diría que foi comisaria. Non hai nada peor que poñerse a estudar linguas modernas a determinada idade. A lingua da pérfida Albión non é boa meu amigo. Eu, que sempre pensei que Don Francisco era da xeración que máis gostaba do francés, e seica me confundin. Malia a todo o tempo pon a cada un no seu lugar. Dona Pilar saíu como unha señora, e Don Franciso non soubo sair como debera, e ben que o sínto, coido que é unha mágoa. De verás. Adios, Don Francisco é unha pena que todo o bó que fixo quede oscurecido por non saber irse a tempo. Ata sempre.

  2. vane22

    hola vaqueiro, referente a destitución de pilar estevez, baixo o meu punto de vista, é unha grande mancha na carreira do señor Cacharro, eu fagome unha pregunta, se non se apoian entre eles os menbros dun partido non é normal que o mesmo vai mal?
    a señora estevez saiu como unha señora, e como unha boa política na mentres o señor cacharro non soubo sair pensou que a vinganza era a unica forma de quedar por riba e equivocouse, esa nunca é maneira, é mellor ser compañeiro ante todo, e actuar cos intereses do partido e non mezclar a vida coa politica.

    e a miña opinion, a dunha persoa que non comparte as idea politicas co partido popular pero que lle gusta que a sua cidade vaia ben e mellore, avance e sobretodo que ve as cousas que van mal. un saudo vaqueiro

Comenta

*