Un enfrontamento modélico
UNHA RIFA entre dous partidos adoita ser noticia; cando se repite moito, non: cansa como correr dúas maratóns seguidas. E hai moito tempo que non asistiamos a unha polémica tan coñazo, repetida e aburrida como a que se traen o goberno local de Guitiriz e o provincial de Lugo, na súa rama socialista. O de José María Teixido, José Ramón Gómez Besteiro e os seus satélites chegou a tal nivel que un non sabe se reunilos e encerralos sen pan nin auga ata que se poñan a falar seriamente ou mandar á papeleira o comunicado ou a rolda de prensa do día. Pero esta semana, caín na conta de que este desafío matonesco toma elementos doutras partes… como todo culebrón ou folletín.
Tags: Gómez Besteiro, Guitiriz, polémica, Septenario lugués, Xosé María Teixido