Falta
Seguindo coa Deputación de Lugo, hai tempo que González Barcia, o viceportavoz do PP no ente provincial, non publica unha das súas listaxes de faltas de asistencia ás xuntas de goberno, para demostrar a “vagancia” (expresión súa) do actual bipartito. Pero o certo é que á primeira xunta de goberno deste ano non asistiu ningún dos representantes do BNG, que tampouco estiveron presentes na rolda de prensa posterior.
Certo é que a xunta tiña unha orde do día que cabía nun gran de arroz. Nos vellos tempos, a falta de contido destas xuntanzas semanais compensábaa Cacharro falando de calquera cousa, aínda que fose da guerra no Iraq. Agora algo intentan o nacionalista Bao e o socialista Gato, pero non lles sae igual.