Nobel da paz

Enlazando cos dous anteriores posts, leo un artigo de Fernando Jáuregui no que asegura que un dos soños de Rodríguez Zapatero é que lle dean o Nobel da Paz. Este ano concedéronllo a Obama, e non temos aínda moi claro que méritos fixo nos nove meses que leva gobernando o país máis poderoso da Terra. Máis ben é un Nobel polas expectativas que polos feitos. Se é por iso, poderían terllo dado a ZP, que si que ten algún mérito máis: retirou as tropas de Irak (non recordo se foi o primeiro dos socios de Bush que o fixo), non ten reparo en enviar soldados a países lonxanos en (presuntas) misións de paz, pariu unha Alianza de Civilizacións para que se achegaran o Islam e Occidente e puxo algo de calma nunha sociedade sobresaltada polo 11-M. Dende logo, non vai pasar á historia como O Pacificador, pero algo máis si que fixo.

Tags: , ,

Un comentario a “Nobel da paz”

  1. churrusqueitor

    Pois se poñer calma nunha sociedade sobresaltada polo 11m é mandar xente a golpe de móvil a tirar pedras e sitiar a sede do partido contrario, estámosche moi mal, amigo Vaqueiro.

Comenta

*