Posts etiquetados ‘municipios’

Os culpables, aquí á beira

Luns, 25 de Febreiro, 2013

O ANTERIOR alcalde de Becerreá, o popular Antonio Fernández Pombo, tivo un día que ir buscar a un veciño, que se botou ao monte cunha escopeta, disparando contra varias persoas que se atopou polo camiño. Contan que foi o propio rexedor o que lle quitou a arma das mans ao seu conveciño. A outro alcalde xeograficamente próximo, o socialista Xosé Luís Raposo Magdalena, é doado velo montado nas máquinas municipais, como traballador do mesmo Concello que dirixe. Os dous casos púxenos máis dunha vez de exemplo da proximidade dun alcalde aos seus dirixidos ou, como dicía José Manuel Barreiro o venres, da “dedicación as 24 horas” dos máximos responsables da administración máis próxima ao cidadán…

(SIGUE AQUÍ….)