Os 65
Domingo, 21 de Setembro, 2008Ademais do que conto na miña sección semanal de cada domingo, isto da anulación da convocatoria de 65 prazas de persoal para a Deputación ten un par de interpretacións interesantes, que non sei eu se andarán a darlle ás voltas no equipo de goberno.
- Como só son válidas 18, porque é o tope que admite a Lei, cabería a posibilidade de aceptar 18 prazas. Pero… cales? Que se fai cos que excedan do cupo?
- Disque hai algún precedente dunha oposición anulada por unha sentenza na que, ao final, despois doutro longo proceso xudicial, a Administración implicada tivo que admitir por narices aos anulados, que se sintiron discriminados. Se non me equivoco, é algo parecido ao que pasou cos veterinarios e a Consellería do Medio Rural.
Se cadra, pode que esta semana que agora comeza saiamos de dúbidas. Aínda que a Deputación ten un prazo de dous meses para facer cumprir a sentencia. Dende logo, desta está claro que non vai ser Manuel Martínez quen se dirixa á Xustiza para esixir o seu cumprimento.