Posts etiquetados ‘Carrasco Rouco’

Lugo e Barajas

Sábado, 13 de Setembro, 2008

Publiquei o domingo pasado que o flamante bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, “está chamado a empresas maiores”, comentario do que se fixo eco o susurrador Antonio Riva. O rumor completo que me contaron nestas vacacións é que antes de que o destinen a outra diocese, dentro de tres, catro ou dez anos (as cousas da Igrexa van amodo), monseñor ten que facer algunhas cousas que deixou pendentes Frei Xosé, e tomar decisións que van facer renxer os dentes a máis dun. Por iso estes días hai moita expectación por saber cales van ser os seus primeiros nomeamentos.

El, por certo, segue a demostrar que fóra de Lugo ten moito predicamento: Carrasco era un dos bispos que participou este xoves no funeral público polas vítimas do accidente de Barajas.

Por certo, hai días que non sabemos nada da muller de Monforte que resultou con feridas graves no sinistro aéreo, María Loreto González Cabana, ingresada no Ramón y Cajal. Tódolos días, Europa Press manda un teletipo que remata así: “Por deseo expreso de la familia no se facilitan comunicados médicos sobre su estado de salud”. Oxalá se recupere.