Posts etiquetados ‘Alfonso Carrasco’

Bispo poderoso

Venres, 28 de Novembro, 2008

Iso de que o bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, sexa sobriño do arcebispo máis poderoso de España e presidente da Conferencia Episcopal (CEE) leva a moitos a pensar cousas insospeitadas del. Xa nolo queren levar para Santiago, ou iso di algún medio compostelán, ou mesmo pensan que ten tanto poder como para conseguir o congreso eucarístico para Lugo (vai ser en Toledo) ou, xa postos, mesmo algún podería crer que ía ser o novo secretario da CEE. Pero se non leva aquí nin un ano! El, mentres, segue a confeccionar o seu equipo pastoral en Lugo.