Gandeiros de Guntín

Semella que Guntín está predestinado á páxina dos sucesos relacionados co gando. Estes días, coa historia da cooperativa saboteada por un dos seus socios, recordei que tamén se dera en Guntín o único caso galego de engorde ilegal de animais con clenbuterol, hai uns quince anos. O responsable deu cos seus ósos na cadea e a súa muller abriu, mentres, unha tenda de animais e plantas en Lugo. Hai un ano, aínda merquei alí unhas sementes de tomate para un tío meu. Os tomates saíron ricos, por certo.

Tags: ,

Comenta

*